Mugardos
Mugardos, situada na antiga zona Ártabra, ten dous tipos de poboación humana, a saber:
- As xentes normais, na súa orixe pescadores.
- Estas son xentes traballadoras e serias, normalmente aliméntanse de polbo «á mugardesa» e outras cousas semellantes saídas do mar.
- As xentes de «O Zulo», unha subespecie descendente tamén de pescadores, mais que foron abducidos por unha parella formada por un GNU e un Pingüín.
Estas son xentes procastinadoras e que falan nunha linguaxe (un xeito de xiría) que ninguén entende, aliméntanse fundamentalmente de café e doutras beberaxes chamadas «estimulantes». Ocasionalmente comen unha cousa chamada «PorkoByte».
Visite a páxina do equipo galego