Mugardos
Mugardos, situada na costa Ártabra ou Arco Ártabro, ten dous tipos de poboación humana, a saber:
As xentes normais, na súa orixe pescadores.
- Estas son xentes traballadoras e serias, normalmente aliméntanse de polbo «á mugardesa» e outras cousas semellantes saídas do mar.
As xentes de O Zulo, un sub-tipo descendente tamén de pescadores, mais que foron abducidos por unha parella formada por un Ñu e un Pingüín.
Estas son xentes procastinadoras e que falan nunha linguaxe (un xeito de xiría) que ninguén entende, aliméntanse fundamentalmente de café e doutras beberaxes chamadas «estimulantes». Ocasionalmente comen unha cousa chamada PorkoByte.
Se será rariña esta xentiña de O Zulo que para referirse ao seu pobo chámanlle Mugar2.0
Visite a páxina do equipo galego